Pasar al contenido principal

Reunión de lanzamento do proxecto CARES

23.02.2024 | 10.30h

O grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) da USC forma parte do consorcio impulsor dun programa financiado pola UE con fondos Next Generation e orientado ao aproveitamento multifuncional do monte, que bota a andar este venres, ás 10.30 horas, no Campus Terra

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolle este venres, a partir das 10.30 horas, no salón de actos do centro, a sesión de lanzamento do proxecto CARES, un programa orientado ao aproveitamento funcional do monte, financiado pola UE con fondos Next Generation.

O grupo de investigación Proxectos e Planificación (PROePLA) da USC forma parte do consorcio impulsor deste programa de I+D, liderado pola Fundación Centro  Tecnolóxico Forestal e da Madeira (Cetemas), cuxo director, Juan Majada Guijo, acompañado do catedrático da USC e coordinador do grupo PROePLA, Manuel Marey, informará este venres dos obxectivos e das actividades programadas no marco deste proxecto de I+D.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.02.2024.