Pasar al contenido principal

Presentación do libro 'En memoria de Francisco Javier Elola'

01.03.2024 | 12.00h-14.00h

Santiago de Compostela
Aula Lete del Río

Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Dereito. FOTO: Santi Alvite

O acto de presentación do libro En memoria de Francisco Javier Elola desenvólvese este venres 1 de marzo a partir das 12.00 horas na Aula Lete del Río da Facultade de Dereito. Abre o acto o reitor Antonio López, e a continuación interveñen: o catedrático da Facultade de Xeografía e Historia Lourenzo Fernández Prieto, en representación dos autores; a decana da Facultade de Dereito da USC, Ana María Gude Fernández e o fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz. Intervén para pechar o acto o reitor Antonio López.

Francisco Javier Elola e Díaz Varela (Monforte de Lemos, 22 de setembro de 1877-Barcelona, 12 de maio de 1939), licenciouse en Dereito na USC e foi maxistrado, fiscal e xurista, un dos impulsores do Estatuto de Galicia, e chegou a ser integrante do Tribunal Supremo. Así mesmo foi fiscal xeral da República e instructor da causa contra o golpe de 1936. Foi fusilado en 1939.

Cartel do evento
Cartel do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.02.2024.