Pasar al contenido principal

'Feminidade e industria musical'

6/03/2024 - 19.00 horas

Facultade de Humanidades -
Salón de Actos Profesora Ana Goy Diz

O relatorio que impartirá este mércores a cantautora galega María Xosé Silvar, Sés, na Facultade de Humanidades encádrase no actos organizados pola USC co gallo do Día Internacional da Muller

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

A artista e cantautora galega María Xosé Silvar, Sés, ofrece este mércores 6 de marzo, a partir das 19.00 horas, nno Salón de Actos 'Profesora Ana Goy Diz' da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo, o relatorio 'Feminidade e industria musical'.

A palestra, de acceso libre e de balde e aberta á participación de todo o público interesado, forma parte da programación que desenvolve a USC nos campus de Lugo e Santiago en conmemoración do Día Internacional da Muller, unha efeméride que se conmemora cada 8 de marzo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.03.2024.