
A Facultade de Veterinaria convoca estes premios a través da súa Comisión de Normalización Lingüística co fin de destacar os mellores traballos académicos elaborados en galego vinculados a materias do Grao en Veterinaria durante o curso 2024-2025.
Ofrécense dous premios de 150 e 100 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se presenten á convocatoria que se abre ata o 30 de setembro de 2025.
Se impartes unha materia incluída no Grao en Veterinaria, gustaríanos pedirche algunhas cousas:
- Axúdanos a dar a coñecer este premio entre o teu alumnado.
Ademais de promover o uso do galego, pon en valor a cultura da calidade, e recoñece o esforzo de elaborar traballos desde un enfoque integral que atenda tanto ao conceptual como ao formal.
- Promove que se elaboren traballos académicos nas materias que impartes
Salienta entre o teu alumnado que redactalos en galego axuda a asentar competencias neste idioma que adoitan estar pouco desenvolvidas. - Recoméndalles que se presenten ao concurso a aqueles/las que elaboren un traballo académico ou un TFG de calidade en galego.
- Colabora co estudantado que queira presentarse, cubríndolle a acreditación que precisa.
- Asesora o teu alumnado sobre aspectos formais e lingüísticos, e infórmaos da existencia de documentos e recursos de apoio, coma os que indicamos a continuación.
- Modelos para traballos de fin de grao
- Curso de habilidades comunicativas
(orientados á redacción e presentación oral de traballos académicos, TFG e TFM)
- Dicionarios de lingua en liña
- bUSCatermos: base de datos terminolóxica multilingüe
- Recursos terminolóxicos
(dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos) - Criterios de redacción
- Manual de estilo
- Normas ortográficas e morfolóxicas
- Correctores ortográficos da lingua galega
- Tradutores automáticos
- Resolución de dúbidas