Ir o contido principal

Premio "Escolle en galego"

Premio á calidade lingüística dos traballos académicos elaborados en galego en materias do Grao en Veterinaria

Premiadas Premios calidade Veterinaria 23-24
Premiadas nos Premios á calidade lingüística da Fac. de Veterinaria 2023-2024

A Facultade de Veterinaria convoca estes premios a través da súa Comisión de Normalización Lingüística co fin de destacar os mellores traballos académicos elaborados en galego vinculados a materias do Grao en Veterinaria durante o curso 2024-2025.

Ofrécense dous premios de 150 e 100 euros respectivamente aos dous traballos académicos en galego (traballos de clase, memorias de prácticas, cadernos de actividades…) de maior calidade lingüística e formal que se presenten á convocatoria que se abre ata o 30 de setembro de 2025.

Se impartes unha materia incluída no Grao en Veterinaria, gustaríanos pedirche algunhas cousas:
 

  • Axúdanos a dar a coñecer este premio entre o teu alumnado.
    Ademais de promover o uso do galego, pon en valor a cultura da calidade, e recoñece o esforzo de elaborar traballos desde un enfoque integral que atenda tanto ao conceptual como ao formal.
     
  • Promove que se elaboren traballos académicos nas materias que impartes
    Salienta entre o teu alumnado que redactalos en galego axuda a asentar competencias neste idioma que adoitan estar pouco desenvolvidas.
  • Recoméndalles que se presenten ao concurso a aqueles/las que elaboren un traballo académico ou un TFG de calidade en galego.
     
  • Colabora co estudantado que queira presentarse, cubríndolle a acreditación que precisa.
     
  • Asesora o teu alumnado sobre aspectos formais e lingüísticos, e infórmaos da existencia de documentos e recursos de apoio, coma os que indicamos a continuación.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.03.2025.