Pasar al contenido principal

‘Dificultades e retos de emprender en feminino’

07.03.2024 | 11.00h

A directora de Estudio Bo, Noelia Piñeiro López, impartirá a sesión promovida pola Comisión de Xénero da Facultade de ADE co gallo do Día Internacional da Muller

Cartaz da sesión
Cartaz da sesión

A Comisión de Xénero da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE) do Campus de Lugo conmemora a celebración do Día Internacional da Muller coa organización do relatorio ‘Dificultades e retos de emprender en feminino’, a cargo da directora de Estudio Bo, Noelia Piñeiro López.

A sesión, orientada ao estudantado, pero aberta á participación de todo o público interesado, desenvolverase o 7 de marzo, a partir das 11.00 horas, no Salón de Graos da Facultade de ADE.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.02.2024.