Pasar al contenido principal

Conferencia de Glória Cecília Figueiredo

07.03.2024

Santiago de Compostela
Aula 18

Nova sesión do Seminario de Futuros Urbanos do Grupo ANTE

Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Xeografía e Historia. FOTO: Santi Alvite

Este xoves 7 de marzo a partir das 19.30 horas investigadora brasileira Glória Cecília Figueiredo ofrecerá unha nova conferencia dentro do Seminario de Futuros Urbanos que organiza o grupo ANTE. A súa palestra, que ofrecerá en directo por Internet, titúlase 'A perícia popular no Centro Histórico de Salvador: avaliando e aprendendo a cidade pelo des/encontro' e poderase seguir desde a aula 18 da Facultade de Xeografía e Historia.

Glória Figueiredo é profesora na Escola de Arquitectura e Urbanismo da Universidade Federal da Bahia e ten unha carreira dilatada na pesquisa sobre procesos e instrumentos de planificación urbana insurxente, prácticas urbanas antirracistas e xeografías negras. Os seus principais intereses investigadores teñen que ver coa produción inmobiliaria e a construción social do valor; as prácticas colectivas de restitución e xustiza ecolóxica, urbana e patrimonial; as cidades negras; as infraestruturas relacionais e aacumulación negativa. Pertence ao grupo de pesquisa Lugar Comum, forma parte da Rede Cidades Pretas e integra a Plataforma Pipoco, sobre conflitos urbanos en territorios afectados por intervencións infraestruturais.

Cartel da conferencia
Cartel da conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2024.