Pasar al contenido principal

Conferencia 'Adiantos en tecnoloxías inclusivas'

07.03.2024 | 10.30h-12.00h
Edificio do CiTIUS. FOTO: Santi Alvite
Edificio do CiTIUS. FOTO: Santi Alvite

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) organiza o relatorio 'Adiantos en tecnoloxías inclusivas', no que desde unha experiencia práctica, se exporán e analizarán as posibilidades e características do paradigma de investigación inclusiva para o desenvolvemento de tecnoloxía dirixida a promover a vida independente, a calidade de vida e a autodeterminación de persoas con discapacidade intelectual, discapacidades do desenvolvemento e/ou persoas con trastornos neurocognitivos.

Intervirán na xornada Izaskun Álvarez-Aguado, profesora titular da Universidade das Américas (Chile), quen posúe ampla experiencia en estudar o impacto do envellecemento en persoas con discapacidades intelectuais, discapacidades do desenvolvemento e trastornos neurodexenerativos; Herbert Spencer González, director do Mestrado en Arquitectura e Deseño (Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Chile), quen estuda a accesibilidade cognitiva, especialmente importante no contexto das tecnoloxías emerxentes; e Vanessa Vega, profesora titular da Pontificia Universidade Católica de Valparaíso (Chile), que estuda o coidado e a vida independente en persoas con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento mediante o deseño de tecnoloxías asistenciais e de apoio.

Izaskun Álvarez-Aguado, esquerda, Herbert Spencer González e Vanessa Vega
Izaskun Álvarez-Aguado, esquerda, Herbert Spencer González e Vanessa Vega
Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.03.2024.