12.03.2024 | 14.45h-16.00h

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e a Facultade de Física organizan un coloquio público que ten lugar este martes 12 de marzo a partir das 14.45 horas na Aula Magna da Facultade de Física. Co título 'Towards Relativity: Einstein and His Compass', será impartido por Sudipta Sarkar, investigador visitante no IGFAE con Jose Edelstein. A conferencia desenvolverase en inglés, e está dirixida principalmente a persoal docente e investigador e alumnado da Facultade de Física. A asistencia é libre ata completarse a capacidade do espazo.
