Desenvólvese o xoves 14 en Santiago de Compostela

CRUE Universidades españolas, entidade que agrupa 77 instituciones universitarias, ten o xoves 14 a súa asemblea xeral en Santiago de Compostela. Desenvólvese no Centro de Estudos Avanzados da USC entre as 10.00 e as 13.00 horas. A entidade é o principal interlocutor das universidades españolas co Gobierno central e ten un papel clave en todos os desenvolvementos normativos que afectan a educación superior. Así mesmo, promove iniciativas de distinta índole coa finalidade de fomentar as relacións co tecido produtivo e social, as relacións institucionais, tanto nacionais como internacionais, e traballa para poñer en valor a Universidade española.
O tema principal da orde do día da Asemblea é a información e o debate sobre a aplicación da LOSU, especialmente no referente a financiamento e reestruturación dos cadros de persoal para o curso próximo. Así mesmo analizaranse temas coma a cotización das prácticas, a sobrecarga burocrática do persoal investigador e as probas de acceso ás universidades.