Pasar al contenido principal

IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico

03.10.2024-04.10.2024

Santiago de Compostela

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Os días 3 e 4 de outubro de 2024 desenvólvese na Facultade de Filoloxía o IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4). O evento quere seguir o espírito das tres anteriores edicións, que tiveron lugar nas Universidades de Xénova (2021), Oviedo (2022) e Salamanca (2023), e aspira a converterse nun lugar de encontro de referencia para os académicos que se dedican á investigación da realidade lingüística do noroeste ibérico.

As propostas de comunicación que se presenten deben abordar aspectos de carácter lingüístico relacionados con algunha das variedades faladas no noroccidente da península ibérica (asturiano, castelán, galego, leonés, mirandés e portugués). As liñas temáticas que se propoñen son: análise sincrónica da estrutura lingüística: fonética, fonoloxía, prosodia, morfoloxía, sintaxe, semántica, pragmática, léxico, etc;  análise diacrónica; dialectoloxía; aspectos sociolingüísticos; estandarización e política lingüística; e historiografía lingüística.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.10.2024.