
Este xoves 21 de marzo ás 12.30 terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da USC unha nova conferencia da serie Cultura en Mazarelos. Nesta ocasión o profesor Javier Echeverría (Jakiunde, Academia das Ciencias, Artes e Letras do País Vasco) impartirá a conferencia 'Tecnopersoas e tecnodiversidade'. A entrada é libre ata completar a capacidade do espazo.
Javier Echeverría está especializado na filosofía da ciencia e da tecnoloxía. Foi catedrático da Universidade do País Vasco e director do Instituto de Filosofía do CSIC. É investigador de Ikerbasque e membro da Academia de Ciencias, Artes e Letras do País Vasco (Zientzia, Arte eta Letren Akademia). É autor de libros como Telépolis (1994), La revolución tecnocientífica (2003) ou Tecnopersonas. Cómo las tecnologías nos transforman en colaboración con Lola Almendros (Trea, 2023). É Premio Eusko Ikaskuntza-Laboral Kutxa (2016), Premio Nacional de Ensayo (2000), Premio Euskadi de Investigación en Humanidades y Ciencias Sociales (1997) e Premio Anagrama de Ensayo (1995).
