
O Hackathon Social Tech desenvólvese na Aula 3 da Facultade de Ciencias da Educación no Campus Sur o xoves 14, o venres 15 e o sábado 16 de marzo. Trátase dunha experiencia dinámica de innovación en equipo nun ambiente lúdico, na que as persoas participantes desenvolven solucións innovadoras e serán premiados os mellores proxectos que se presenten. Así mesmo participarán representantes de diferentes empresas que contarán a súa experiencia en innovación.
O horario do Hackathon o xoves 14 e o venres 15 de marzo é de 16.00 a 20.00 horas e o sábado 16 de marzo de 09.30 a 13.30 horas. A actividade principal consiste nunha competición por equipos na que se deseñarán solucións innovadoras aos retos emerxentes que afrontan as empresas e organizacións na actualidade, e estarán encadradas no ámbito do emprendemento social, a sostibilidade e o potencial da tecnoloxía para resolver retos sociais, aplicando metodoloxías de innovación.
O estudantado participante poderá optar aos premios para os dous mellores proxectos e recibirá un certificado de participación na actividade. O sábado día 16 presentaranse os resultados do Hackathon, e acompañará as persoas participantes na avaliación dos mesmos o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento.