Pasar al contenido principal

Ciclo Coñecemento e Cidadanía

Conferencias de Fina Birulés e de Tomeu Sales Gelabert

02.04.2024 | 16.00h-19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Actos da Facultade de Filosofía acolle o martes 2 de abril unha nova tarde de conferencias enmarcadas no Ciclo Coñecemento e Cidadanía (CCC), organizado pola Coordinación do Máster en Filosofía. A primeira das charlas, ás 16.00 horas, é a de Fina Birulés, profesora da Universitat de Barcelona, quen reflexionará sobre 'Hannah Arendt, natalidade, pluralidade e mundo'; a filósofa parte do feito de que en Arendt non hai unha vontade de sistema e que na súa obra descubrimos un pensar que se tece e destece incesante e incansablemente, sempre aberto e sen vontade de concluír nunha filosofía política acabada. Segundo ela, Arendt proponse unha tarefa humilde e valente: partir e deixar-interpelarse pola experiencia, propósito que ilumina a súa disposición para reconsiderar categorías das que se foi dotando, como as de “natalidade”, “mundo” e “pluralidade”, e a facer desprazamentos, revisións, reinicios que abren camiños para afrontar algúns dos desafíos do noso presente.

A continuación, ás 17.30 horas Tomeu Sales Gelabert, profesor da Universitat de les Illes Balears, achegaranos a 'O momento reaccionario da democracia: Dereita radical, reacción antifeminista e democracia'. O obxectivo da súa conferencia é analizar a conivencia entre a reacción antifeminista e de xénero da dereita radical e a democracia liberal representativa. Examinarase como un réxime que se estrutura institucional e procedimentalmente a través dun sistema de eleccións libres e competitivas pon en marcha dinámicas antifeministas e xenerofóbicas, dando lugar ao que denominamos “momento reaccionario”. O “momento reaccionario” é un lugar privilexiado para observar como a democracia liberal representativa non consegue romper coa orde sexista e patriarcal. Mentres que pretende distanciarse do “patriarcado iliberal” da dereita radical, deixa ao descuberto o seu “patriarcado liberal”. O filósofo concluirá defendendo que a democracia liberal representativa é unha “democracia patriarcal”.

Presenta e modera ambas as dúas charlas Yolanda Martínez, coordinadora do máster en Filosofía. A asistencia será libre ate completar a capacidade do espazo.
 

Cartel da primeira conferencia
Cartel da primeira conferencia
Cartel da segunda conferencia
Cartel da segunda conferencia
Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2024.