Unha xornada no edificio Emprendia analiza as características da nova Lei de Patentes
Tamén se debaterá sobre a incidencia do Brexit na regulación da propiedade industrial en Europa
A Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento co organiza con Bioga a xornada de formación ‘Nova Lei de Patentes’, que se celebrará no edificio Emprendia da USC este martes 21 a partir das 16.30 horas con asistencia gratuíta.
O programa comezará cun relatorio no que Juan Arias, de ABG Patentes, dará conta das principais novidades da nova lei de Patentes, a quen seguirá, a partir das 18.00 horas, o catedrático de Dereito Mercantil da USC Ángel García Vidal para explicar a incidencia do Brexit na regulación da propiedade industrial no contexto europeo.