01.04.2024 | 11.00h-12.00h

Este luns 1 de abril dáse a coñecer a novena edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, convocada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. O acto terá lugar ás 11.00 horas no Auditorio deste centro universitario coa presenza da vicedecana da Facultade, Alba Silva Rodríguez; o director de zona de Abanca en Santiago, Ramón Mariño Pérez; e o representante da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Xaime Leiro Darriba.
Ao remate das intervencións preséntase o traballo gañador da pasada edición: 'Quen son elas?', por parte da súa responsable Cinthia Piñeiro Acevedo.