A Escola Politécnica Superior celebra o Día da Muller coa entrega de premios do I Concurso sobre Enxeñaría e Muller Rural
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebra este mércores 1 de marzo un acto conmemorativo do Día da Muller Traballadora 2017 co acto de entrega de premios da primeira edición do certame de traballos fin de grao Enxeñaría e Muller Rural.
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá a sesión, a partir das 11.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués, e na que tamén intervirán a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a profesora da USC e presidenta da comisión xulgadora dos traballos presentados ao certame, María Dolores Fernández Rodríguez, e a directora do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, Inés Santé, que ofrecerá un relatorio co gallo desta efeméride.
Unha vez rematada a quenda de intervencións, as autoridades presentes procederán á entrega dos premios a Verónica Gómez e a Alberto Santín, autores dos traballos fin de grao mellor valores polo tribunal encargado de fallar este certame, que conta co patrocinio de Proepla e Pathogen.