Pasar al contenido principal

Últimas semanas para solicitar as bolsas para estadías de cooperación para o desenvolvemento

Esta é unha convocatoria dirixida a alumnado da USC
Esta é unha convocatoria dirixida a alumnado da USC

A USC mantén aberta ata o 15 de marzo para o seu alumnado a convocatoria de bolsas Proxectos de Coñecemento da Realidade (PCR) para realizar unha estadía de cooperación para o desenvolvemento de un a tres meses en países do Sur.

Os PCR son unha iniciativa posta en marcha hai anos pola institución compostelá que pretende mellorar os perfís profesionais do alumnado en materia de cooperación, complementándoo cunha experiencia práctica en terreo. Estes proxectos, que deben estar encadrados nalgún dun axente de cooperación para o desenvolvemento, poderán ser de carácter técnico (saneamento, hidráulica, construción e rehabilitación...) socio-educativo, sanitario, de desenvolvemento comunitario, de adquisición de poder das mulleres ou de capacitación de técnicos locais, entre outros.

Para solicitar esta bolsa débese ter cursado ou estar a cursar algunha formación organizada polo Servizo de Participación e Integración Universitaria (SEPIU) no seu programa de formación continua neste curso; ter nacido despois do 1 de xaneiro de 1991; e contar con formación no eido da cooperación ao desenvolvemento e a participación social. Ademais, valorarase a capacidade para convivir e traballar en equipo en ambientes culturais e económicos diferentes.

As bolsas consistirán nunha axuda para os gastos da viaxe, un seguro con cobertura de accidentes, enfermidade e responsabilidade civil, as vacinas e os gastos derivados da obtención do visado en caso de que fose necesario. Ás persoas interesadas en participar nesta convocatoria recoméndaselle acudir ao SEPIU, emprazado na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega (Casas Reais, 8) para revisar toda a documentación antes de presentala no Rexistro.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.02.2017.