Aberta a inscrición nas xornadas sobre captura masiva de datos con perfilómetro e mapeo móbil que se celebrarán o día 8 na EPS

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC acollerá o 8 de marzo, entre as 10.00 e as 14.00 horas, unha sesión introdutoria aos sistemas de mapeo móbil e perfilómetro, así como á súa evolución dende o ano 2008. As persoas interesadas en tomar participar neste programa formativo, organizado pola empresa Topcon en colaboración coa EPS e co Coleixo Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica poden formalizar a súa inscrición en liña.
No transcurso da xornada, os asistentes recibirán formación sobre como funcionan estes sistemas e cal é o seu uso, así como verbo dos software de toma e análise de datos. Asemade, exporanse casos de éxito tanto a nivel nacional como internacional.