11.04.2024 | 13.00h
Salón de Graos do Colexio de San Xerome

Este xoves 11 de abril a partir das 13.00 horas preséntanse no Salón de Graos do Colexio de San Xerome as xornadas '50 anos do 25 de abril', que conmemoran o cincuentenario da Revolución dos Caraveis. O levantamento militar do día 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía en Portugal desde 1926. Á presentación asistirán o reitor Antonio López; o decano da Facultade, Elias Feijo Torres, e a vicedecana Alejandra Ulla, e as xornadas desenvolveranse desde o 22 de abril ata o 8 de maio.