Pasar al contenido principal

Toma de posesión de Jesús Salgado Velo como decano de Relacións Laborais

16.04.2024 | 13.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Facultade de Relacións Laborais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Relacións Laborais. FOTO: Santi Alvite

Este martes 16 de abril desenvólvese a partir das 13.00 horas o acto institucional de toma de posesión do decano da Facultade de Relacións Laborais, Jesús Salgado Velo, que será presidido polo reitor da USC Antonio López, a quen acompañarán na mesa presidencial a secretaria xeral da USC Dulce María García Mella e a ex decana do centro, Silvia Moscoso Ruibal.

Jesús Salgado Velo foi elixido decano da Facultade de Relacións Laborais en novembro. A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñeceu en outubro de 2023, coa Medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de Ciencias Económicas e Sociais, a dilatada traxectoria investigadora do profesor Salgado Velo, quen tamén resultou galardoado en 2022 co Premio Nacional de Psicoloxía ‘José Luis Pinillos’. Ademais, o catedrático da USC lidera o grupo de investigación en Recursos Humanos e Rendemento.

Os seus principais temas de investigación inclúen a predición do desempeño no traballo a través de variables de diferenzas individuais, o uso de ferramentas psicolóxicas nos procesos de selección de persoal e o estudo de factores determinantes do benestar no traballo. Tamén desenvolveu investigacións cross-culturais, empregando evidencia empírica obtida en organizacións laborais dos cinco continentes. Algúns dos seus artigos metodolóxicos foron empregados en investigacións de disciplinas tan dispares como nutrición, epidemioloxía, criminoloxía, cambio climático, bioloxía termal, oftalmoloxía, lingüística, pediatría, tráfico e seguridade viaria e investigación sobre a enfermidade de Alzheimer.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2024.