Pasar al contenido principal

Recursos

Os recursos cos que conta o noso laboratorio abranguen unha variedade de equipamentos de caracterización superficial de compostos anfifílicos, ben como doutras substancias na interface ar/auga e en disolución.

Equipamentos para caracterización na interface a/w

Balanzas superficiais de Langmuir

Permiten a obtención de monocapas de extensión (Langmuir) e adsorción (Gibbs), así como a realización de medidas de tensiometría, e por tanto a determinación de valores de concentración crítica de agregación.

KSV NIMA - KN1006
KSV NIMA - KN1006
NIMA 601M (para microscopía)
NIMA 601M (para microscopía)
NIMA 601BAM + Microscopio de ángulo de Brewster (BAM)
NIMA 601BAM + Microscopio de ángulo de Brewster (BAM)

Balanzas superficiais de Langmuir-Blodgett

Permiten a obtención de monocapas ben sobre substrato acuoso, ben en soporte sólido (Langmuir-Blodgett e Langmuir-Schaeffer) para a súa posterior caracterización.

NIMA 611
NIMA 611
NIMA 601D
NIMA 601D

Cubeta de penetración

A cuba de penetración permite a medida de cinéticas de adsorción de fármacos hidrosolúbeis a membranas e a súa penetración, o que dá información a nivel molecular sobre posíbeis mecanismos de acción sobre a membrana plasmática e sobre a absorción sistémica de principios activos, que acontece en virtude da difusión a través de membranas lipídicas.

Cubeta de penetración
Cubeta de penetración

Potencial de superficie

O potencial de superficie é a diferenza de potencial debida aos dipolos presentes nunha interface. A súa medida permite coñecer a orientación dos dipolos  na interface ar/auga, dado que o valor do potencial, ou a diferenza de potencial entre os dous eléctrodos, está relacionado co valor da compoñente normal á interface dos vectores momento dipolar (ver imaxe).

Aplicamos esta técnica para obter información importante sobre a orientación das moléculas de lípidos e outros tensioactivos presentes en biomembranas e coloides de asociación, ben como para estudar as interaccións que se dán nestes sistemas.

Esquema da montaxe do potencial de superficie
Esquema da montaxe do potencial de superficie. Fonte: https://www.biolinscientific.com/hubfs/Pdf/KSV%20NIMA/Brochures/KN-SPOT-Brochure.pdf

Equipamentos para caracterización espectroscópica

Espectrofluorimetría

A espectrofluorimetría en disolución permite a determinación de valores de concentración crítica de agregación.

O noso laboratorio dispón tamén dunha montaxe de fibra óptica para a obtención de espectros de fluorescencia en monocapa.

Espectrofotometría UV-visíbel

Kontron Uvikon
Kontron Uvikon
Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.06.2024.