Aula Galeno
O catedrático Paulino Martínez coordina este mércores, a partir das 10.00 horas, na Facultade de Veterinaria unha reunión de seguimento do paquete de traballo sobre ferramentas xenómicas para a xestión sostible e a mellora da produtividade acuícola

O catedrático da área de Xenética da USC Paulino Martínez Portela coordina este mércores 17 de abril, a partir das 10.00 horas, na Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC, unha reunión de seguimento do paquete traballo sobre ferramentas xenómicas para a xestión sostible e a mellora da produtividade acuícola do proxecto Ciencias Mariñas de Galicia, unha iniciativa coordinada en Galicia polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC incluída nunha actuación nacional financiada polo Ministerio de Ciencia e Innovación con 10 millóns de euros de fondos NextGeneration EU,a a través ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
O programa de I+D, coordinado polo Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, pretende dar resposta ao desafío da protección e xestión sustentable dos servizos dos ecosistemas mariños de Galicia, transformando como a sociedade se relaciona co océano, co litoral, coa vida e cos recursos mariños. O prazo de execución deste proxecto remata en 2025.