Pasar al contenido principal

Toma de posesión de Elias Feijó como decano de Filoloxía

19.04.2024 | 13.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filoloxía. FOTO: Santi Alvite

Este venres 19 de abril a partir das 13.00 horas desenvólvese no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía o acto institucional de toma de posesión do decano da Facultade de Filoloxía, Elías J. Feijó Torres. O equipo decanal complétase coas vicedecanas Rosalía Meitín, Laurence Malingret e Alejandra Ulla, así como polo secretario Eduardo Moscoso. Preside o acto o reitor Antonio López e asiste tamén a secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella.

Currículo

O catedrático Elias J. Feijó Torres dirixe o grupo de investigación GALABRA, nos sistemas culturais galego, luso, brasileiro e africano en lingua portuguesa; e coordina a Rede Galabra. Premio Extraordinario de Doutoramento en 1996, cunha tese sobre as relacións literarias e culturais de Galicia e Portugal, a traxectoria do profesor Feijó céntrase na docencia de literaturas e culturas de lingua portuguesa, sendo especialista en teoría e análise da cultura, relacións entre narrativas, comunidades e territorios e transferencia de coñecemento.

Foi vicerreitor da USC entre os anos 2006 e 2009; presidente da Associação Internacional de Lusitanistas (2008-2014) e, nese período, director da  revista Veredas. Ten sido profesor visitante nas Universidades do Minho, Federal de Rio Grande do Sul, Nova de Lisboa, Oxford e Brown, así como investigador principal de nove proxectos competitivos e de diversos contratos de investigación, tamén dirixiu trece teses de doutoramento. Autor de múltiples monografías, impulsa igualmente movementos asociativos e de voluntariado. En 2020, foi elixido decano de Filoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.04.2024.