Pasar al contenido principal

Conferencia de Duarte Correa sobre o 25 de abril

18.04.2024 | 19.00h

Santiago de Compostela
Salón de Graos

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Ciencias Políticas e Sociais. FOTO: Santi Alvite

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Políticas acolle este xoves 18 a partir das 19.00 horas unha palestra en conmemoración do 50 aniversario da Revolução dos Cravos en Portugal. Organizada por Erguer, contará coa presenza do historiador Duarte Correa, que falará da importancia histórica da data do 25 de abril de 1974.

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar que hai agora 50 anos se produciu en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.04.2024.