Neste seminario web daranse a coñecer as principais funcionalidades do xestor de referencias Refworks que a USC pon a disposición de toda a comunidade universitaria

O vindeiro mércores 24 de abril a editorial Proquest organiza un seminario web que ten como obxectivo dar a coñecer as principais funcionalidades do xestor de referencias Refworks, que a USC pon a disposición de toda a comunidade universitaria. A sesión comezará ás 10 horas e require inscrición previa.
O xestor de referencias Refworks é unha ferramenta imprescindible para os investigadores. Nesta sesión de 45 minutos aprenderemos como crear unha conta, como incorporar referencias, como organizalas en carpetas e como escribir documentos a través dos complementos de Microsoft Word e Google Docs.
Podes inscribirte nesta ligazón ou a través da Intranet da BUSC.
Se precisas máis información, a BUSC conta cunha guía de Refworks que podes consultar.