Pasar al contenido principal

Remata o prazo de envío de traballos para o II Congreso internacional sobre fútbol e psicoloxía

A finais do mes de xuño desenvolverase en Santiago o Congreso Internacional sobre Fútbol e Psicoloxía, unha plataforma de intercambio e transferencia directa de coñecemento entre a universidade e a contorna do fútbol.

O vindeiro 30 de abril péchase o prazo de recepción de comunicacións e traballos, que se agruparán arredor de catro bloques temáticos: fútbol, psicoloxía aplicada ao fútbol, outras disciplinas aplicadas ao fútbol e outros deportes colectivos.

O encontro, coordinado polo profesor da USC Constantino Arce, diríxese tanto a profesionais deste deporte como a familias, preparadores e educadores físicos, estudantes, profesorado e persoal investigador. O programa definitivo incorporará relatorios convidados a cargos de expertos/as, profesionais, persoal investigador e docentes, así como obradoiros prácticos e exposicións.

Esta segunda edición está organizada pola USC e a Federación Galega de Fútbol.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2017.