Pasar al contenido principal

Acto conmemorativo Día da Terra na EPS de Enxeñaría

19/04/2024 - 12.00 horas

O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo preside a sesión este venres 19, ás 12.00 horas, no Salón de Actos do centro universitario lugués

Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

A Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) do Campus Terra da USC acolle este venres, ás 12.00 horas, o acto central da celebración do Día da Terra, unha sesión que inclúe varios relatorios divulgativos, así como recoñecementos a estudantes distinguidos con Premios Extraordinarios de Fin de Carreira, así como ao profesorado xubilado do centro. O vicerreitor de Organización Académica e Campus de Lugo, Francisco Fraga, e a directora da EPSE, Rosa Romero, inaugurarán o programa conmemorativo cunha breve sesión de benvida.

A profesora da USC Teresa Rodríguez abrirá a quenda intervención cunha exposición baixo o título ‘Plasticosfera edáfica: invisibilidade baixo os nosos pés’. De seguido, Francisco Javier Prego Martínez, de Extraco SA; Alberto Miguéns Blanco, do CETIM Technological Centre, e o profesor na EPSE da USC Alberte Castro Ponte, darán conta do proxecto Estrada. Investigación e optimización de ligantes e mesturas bituminosas en quente ecosostibles, mediante a valorización específica de residuos poliméricos complexos e RAP’. O presidente do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Lugo, Marcos Vázquez Marey, pechará os relatorios coa charla ‘Tractores, enerxía e futuro’.

O acto conmemorativo do Día da Terra, no marco do que actuará o Coro do IV Ciclo de Lugo, contempla tamén un recoñecemento ao alumnado Premio de Fin de Carreira, así como a entrega de trofeos aos equipos gañadores do campionato de fútbol 11 Día da Terra. A plantación dun freixo na Valgada do Campus en homenaxe do profesorado xubilado do centro servirá de colofón deste programa.

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.04.2024.