Pasar al contenido principal

Conferencias polo 50 aniversario do 25 de abril: a historia

07.05.2024-08.05.2024

Santiago de Compostela

Este martes 7 de maio comeza na Facultade de Filoloxía a segunda parte do programa de actividades coas que a USC conmemora o 50 aniversario do 25 de abril.

Detalle do cartel
Detalle do cartel

A Revolución dos Caraveis, o levantamento militar do 25 de abril de 1974 en Portugal, denominado en portugués Revolução dos Cravos, derrubou nun día o réxime político ditatorial que existía no país veciño desde 1926.

As dúas xornadas que compoñen a segunda parte o programa, dedicada ao 25 de abril na historia, desenvolveranse os días 7 e 8 de maio. O martes 7 de maio ás 12.00 horas en Filoloxía terá lugar unha charla co major general Pedro de Pezarat Correia, que explicará como o golpe militar se converteu nunha revolución. Ás 19.15 horas no Museo do Pobo Galego haberá un coloquio sobre as transicións ibéricas no que participarán Fernando Rosas, Nieves Lagares e Manuel de Artaza, moderado por Antón Losada.

O mércores 8 de maio Fernando Rosas ofrece ás 11.00 horas na sala de actos de Filoloxía unha conferencia sobre a memoria histórica do 25 de abril, evento co que conclúe o programa de actividades.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.04.2024.