Pasar al contenido principal

Últimas semanas para enviar comunicacións á quinta Xornada Universitaria Galega de Xénero

Logo das xornadas que se celebrarán o próximo mes de xullo en Vigo
Logo das xornadas que se celebrarán o próximo mes de xullo en Vigo

O prazo de presentación de comunicacións á quinta Xornada Universitaria Galega de Xénero (V XUGeX) rematará o próximo 4 de maio. É unha xornada que organizan as oficinas/unidades de Igualdades das universidades galegas en Vigo o vindeiro mes de xullo co lema ‘Transformando dende a universidade’.

Nesta quinta edición o programa estará centrado na práctica docente como medio idóneo para a transmisión de valores igualitarios, así como na necesidade das investigacións feministas e de xénero que achegan os instrumentos para alcanzar o correlativo cambio social. Como na edición anterior, a convocatoria está aberta ao persoal docente e investigador de fóra do ámbito do sistema universitario galego.

A comunicación completa, dependendo da área temática, deberá enviarse por correo electrónico. As encadradas no ámbito de docencia a oix [at] usc.es (oix[at]usc[dot]es) se versan sobre prácticas docentes innovadoras con perspectiva de xénero nas aulas universitarias; a oficina.igualdade [at] udc.es (oficina[dot]igualdade[at]udc[dot]es) para as relativas a experiencias de inclusión da perspectiva de xénero noutras etapas educativas; e a igualdade [at] uvigo.es (igualdade[at]uvigo[dot]es), para as propostas sobre comunicación inclusiva: o uso da linguaxe e das imaxes na docencia. Os traballos sobre investigación poderán remitirse a oix [at] usc.es (oix[at]usc[dot]es) cando estean relacionados coas perspectivas feministas na investigación universitaria; a igualdade [at] uvigo.es (igualdade[at]uvigo[dot]es) cando fagan alusión as representacións de xénero na cultura popular; e a oficina.igualdade [at] udc.es (oficina[dot]igualdade[at]udc[dot]es) as centradas na diversidade sexual no ámbito educativo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 21.04.2017.