Pasar al contenido principal

Presentación do Informe 2023-2024 do Igadi

06.05.2024 | 12.30h

Santiago de Compostela
Facultade de Ciencias Políticas

A presentación será en Ciencias Políticas. Foto: Santi Alvite
A presentación será en Ciencias Políticas. Foto: Santi Alvite

A 17ª edición do IGADI Annual Report, o informe anual de relacións e política internacional do IGADI (think tank galego desde 1991), presentarase o luns 6 de maio ás 12:30 horas na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración da USC. O acto abrirao o decano da facultade anfitrioa, Ramón Bouzas, quen dará paso ao director do Igadi, Daniel González Palau, e á vicedirectora do IGADI e directora adxunta do Observatorio da Política China, Marola Padín.

Todos eles conversarán nesta presentación cos autores e autoras do IGADI Annual Report 23-24 presentes no acto, como o profesor de Dereito da Universidade da Coruña Christoph Schreinmoser, o xornalista de Nacións Unidas Alberto Trillo ou a especialista en diplomacia deportiva Marta Álvarez.

O informe anual do IGADI 2023-2024, que leva por título ‘Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade’, acompáñase de análises específicas por áreas xeográficas e transversais, que atenden a nova natureza e formas da multipolaridade na sociedade internacional , proceso que o IGADI Annual Report retratou nas súas edicións anuais desde o ano 2008.

O novo informe conta coa participación de 12 analistas do IGADI, que desde Galicia, os EE.UU, México ou Arxentina poñen a lupa nos principais acontecementos globais en curso, poñendo o foco na interacción entre as eleccións en 70 países ao longo do ano, o deterioro das normas internacionais e a amplificación do impacto da policrise global (seguridade, económica, medioambiental, organizativa).

 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.05.2024.