Pasar al contenido principal

Exposición 'Impresións'

09.05.2024-23.05.2024

O estudantado de primeiro do Grao en Xestión Cultural exhibirá a mostra 'Impresións' a partir do 9 de maio, ás 17:00.

Facultade de Humanidades. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Humanidades. FOTO: Santi Alvite

'Impresións: as nosas imaxes, as vosas voces' é unha exposición organizada polo estudantado de primeiro curso do grao en Xestión Cultural que será inaugurada este xoves 9 de maio ás 17.00 horas na Facultade de Humanidades. Nesta inauguración repartiranse marcapáxinas con imaxes da exposición, que estará aberta a todo o público entre os días 9 e 23 de maio.

O obxectivo principal é expoñer imaxes creadas a partir do punto de vista da xente moza, algunhas delas sendo narradas por persoas da terceira idade. Con esta idea trátase de crear un espazo onde se teñan en conta as voces das persoas mozas.

Por outra banda, con 'Impresións' tamén se comproba se os códigos visuais da xente nova son comprendidos polas persoas máis adultas, tentando atopar puntos en común entre as distintas xeracións.

Cartel da mostra
Cartel da mostra
Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.05.2024.