Pasar al contenido principal

Xornada 'Kierkegaard en tradución: a escrita e a vida'

24.05.2024 | 11.00h

Santiago de Compostela
Salón de Actos

Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Filosofía. FOTO: Santi Alvite

A xornada de investigación e divulgación 'Kierkegaard en tradución: a escrita e a vida' terá lugar o venres 24 de maio  ás 11.00 no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. O acto está organizado polo profesor Delmiro Rocha Álvarez do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da USC e intervirán no mesmo os docentes Juan Evaristo Valls Boix (Universidade Complutense de Madrid), Dolors Perarnau Vidal (Facultade de Filoloxía, USC) e Óscar Parcero Oubiña (Facultade de Filosofía, USC). A entrada é de balde ata completar a capacidade do espazo.

Cartel do evento
Cartel do evento
Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.05.2024.