Guiada por Celso R. Cao e Francisco Folgueira

O Museo Universitario A Domus do Mitreo organiza este mércores 22 unha ruta arqueolóxica titulada ‘A Domus na cidade’. Ao revés do que se ten realizado noutras ocasións, non se visitará o xacemento, senón que se abordará a Domus “dende fóra”, tal e como explica o arqueólogo e director da escavación do xacemento, Celso R. Cao. Trátase de mostrar a relación desta Domus coa cidade e co seu territorio, algo que non se fixera ata o de agora. Xunto a Rodríguez Cao, guiará o percorrido o profesor da Facultade de Humanidades, Francisco Folgueira.
A actividade iniciarase ás 19.00 horas, diante do Museo. Apta para todas as idades, esta é unha acción gratuíta con prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse no enderezo electrónico museomitreo.lugo [at] fundacionusc.gal (museomitreo[dot]lugo[at]fundacionusc[dot]gal) O acto realízase en maio xa que é cada 18 deste mes cando se conmemora o Día Internacional dos Museos. No caso de que o percorrido non se poida realizar debido ao mal tempo, darase a coñecer unha data alternativa.
