Pasar al contenido principal

Presentación do libro Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que

Os profesores da área de Epidemioloxía e Saúde Pública da USC Francisco Caamaño Isorna e Adolfo Figueiras Guzmán presentan este mércores 8 ás 11.30 horas no Salón Reitoral de San Xerome o libro Médicos e medicamentos: que nos receitan e por que do que son autores.

O volume é o terceiro número da ‘Biblioteca de Divulgación. Serie Científica da USC’, que co dirixen os profesores Jorge Mira e Francisco Díaz-Fierros Viqueira, este último coordinador da edición e que tamén intervirá no acto xunto co director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés.

A idea da publicación xurdiu nun contexto de fonda crise económica, no que o importante peso do gasto farmacéutico e a percepción de que parte deste non responde a necesidades reais son, probablemente, os factores que sitúan o consumo farmacéutico no punto de mira dos xestores sanitarios.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 07.02.2017.