Pasar al contenido principal

Xornada ‘Natureza en (des)equilibrio. Ciencia, arte e comunidade para o coidado do territorio’

03.06.2024 | 09.45h

Santiago de Compostela

No marco do proxecto multidisciplinar ‘Reverdecer. Ecofisioloxía vexetal e conciencia para a conservación de bosques autóctonos’

O CISPAC atópase no Edificio Fontán
O CISPAC atópase no Edificio Fontán

O Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) de Santiago de Compostela acolle o próximo luns 3 de xuño a xornada ‘Natureza en (des)equilibrio. Ciencia, arte e comunidade para o coidado do territorio’, organizada polo Centro de Arte Fundación María José Jove e o Grupo de Investigación HISTAGRA da USC e promovido pola Fundación Daniel & Nina Carasso.

A xornada enmárcase no proxecto multidisciplinar ‘Reverdecer. Ecofisioloxía vexetal e conciencia para a conservación de bosques autóctonos’ que a través de diferentes accións pretende xerar aprendizaxes de achegamento aos modos de relación co mundo vexetal que abran novas perspectivas para a coexistencia e a xestión consciente dos recursos naturais.

No actual contexto de crise socioecolóxica, o estudo das paisaxes tórnase unha cuestión transcendental. As árbores e os bosques, esenciais para a vida e a biodiversidade, están sendo observados con crecente interese desde diversos campos, co obxectivo de entender o seu funcionamiento e as súas interrelacións co territorio de maneira integral. O seu potencial transformador lévanos a imaxinar novas formas de coexistencia, desprazando os paradigmas antropocéntricos e fomentando novas aprendizaxes e alianzas entre os seres vivos.

A xornada preséntase como un espazo de encontro transdisciplinar aberto a investigadores do ámbito académico, artistas, persoas que traballan directamente no territorio e público en xeral, sendo a entrada libre previa inscrición en histagra [at] usc.es (histagra[at]usc[dot]es). A través da conexión de perspectivas provenientes da bioloxía, a antropoloxía, a historia, a enxeñaría, a arte e a cidadanía, revisaranse aspectos esenciais da relación interespecies e da loita contra desafíos ambientais críticos, como os incendios. De forma transversal, proponse unha aproximación ao papel das prácticas artísticas como ferramenta de pensamento e detonante de concienciación.

Logo da inauguración, ás 09.45 horas a cargo do profesor da USC e director científico do CISPAC, Lourenzo Fernández, e da directora de arte da Fundación María José Jove, Susana González, desenvolveranse as tres mesas de presentación e debate das que constan as xornadas:

. Mesa 1: ‘Comunidades e natureza. Construíndo paisaxes sustentables’ (10 a 11.30h). Participarán Emilio Saborido, técnico forestal e educador ambiental e presidente da CMVMC de Fieitoso de Taragoña (Rianxo), que abordará a xestión colectiva do territorio fronte a novos retos sociais e ambientais; Ximena Garrido-Lecca, artista visual, presentará o seu traballo sobre a reconfiguración das paisaxes desde a linguaxe plástica e David Soto, historiador e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, falará sobre comunidades e natureza en perspectiva histórica.

. Mesa 2: ‘Conflitos ecoexistencias. Entre o humano e o non humano’(12 a 13.30h). Pedro Alonso, biólogo experto no estudo do lobo, discutirá os conflitos entre seres humanos e lobos; Frederico Ágoas, sociólogo e investigador do proxecto Burning Landscapes (FIREUSES) da Universidade NOVA de Lisboa, analizará o lume como conflito político e ambiental e Ariadna Silva Fernández, artista visual, exporá o seu traballo “Cartografía do esquecemento”, sobre o monocultivo de eucalipto e os incendios.

. Mesa 3: ‘Conciencias e conservación. Recuperar e reconstruír relacións perdidas’ (15.30h a 17h). Coa participación de Cristina Mejías, artista visual, que presentará o seu proxecto "Aprendices errantes" sobre a produción dos saberes cambiantes e multiformes da naturaleza; José A. Cortés, antropólogo e profesor da Universidade da Coruña, falará sobre modelos de conservación da naturaleza e Jesús Ramón Aboal Viñas, biólogo e catedrático de ecoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, abordará o tema das cicatrices non curadas da contaminación do século pasado e as súas leccións.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 31.05.2024.