Pasar al contenido principal

Acto de graduación da 1ª Promoción do Grao en Bioquímica

06.06.2024 | 19.00h

Ao comezo da sesión intervirá Andrea Filiu Ortuño, en representación do estudantado, e Ramiro Barcia Vieitez, padriño da promoción

Facultade de Ciencias
Facultade de Ciencias

O vicerreitor de Organización Académica do Campus de Lugo da USC, Francisco Fraga López, preside este xoves 6, a partir das 19.00 horas, o acto de graduación da primeira promoción do grao en Bioquímica. A sesión desenvolverase no Salón de Actos da Facultade de Ciencias.

Ademais do vicerreitor, intervirán no acto Asteria María Luzardo Álvarez, decana da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo; Sagrario Sánchez Ramil, directora Territorial de Educación en Lugo da Xunta de Galicia; Miguel Fernández Méndez, deputado da Área de Formación, Ensino, e Economía do Coñecemento da Deputación Provincial de Lugo; e Ana González Abelleira, tenente de Alcaldesa de Cohesión Social e Territorial do Concello de Lugo.

Ao comezo da sesión intervirá Andrea Filiu Ortuño, en representación do estudantado da promoción, e Ramiro Barcia Vieitez, profesor do departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular e padriño da promoción do Grao en Bioquímica. A secretaria da Facultade de Ciencias, Patricia Regal López, será a encargada de facer o chamamento para a entrega de diplomas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2024.