Últimos días para presentar resumos ao congreso ‘Road to the Stars’
O congreso ‘ Road to the stars’ dará conta da astronomía como parte da cultura e da sociedade e do seu marcado carácter social. Este encontro internacional celebrarase en setembro de 2017 co organizado pola USC xunto co Incipit-CSIC e o Instituto de Astrofísica de Canarias, xunto con outros tres organismos internacionais como son a Internacionational Society for Archaeoastronomy and Astronomy in Culture (ISAAC), a INSAP e a European Society for Astronomy in Culture (SEAC).
A convocatoria de resumos deste encontro internacional está aberta ata o próximo 28 de febreiro. No campo temático, as propostas poden versar sobre o papel da astronomía en calquera aspecto da cultura e poden abordar calquera período de tempo ou rexión. O comité organizador destaca o interese da investigación realizada na actualidade e está aberto á presentación de obras de arte daqueles artistas dispostos a exhibilas no congreso, concretamente no claustro do Colexio de Fonseca.
As persoas interesadas deberán enviar un resumo ampliado, de ata un máximo de 500 palabras e unha soa imaxe en branco e negro, que inclúa o fondo, obxectivo, datos e os resultados con polo menos tres referencias. No caso das propostas artísticas é preciso achegar unha descrición da obra de arte, relevancia para o tema da conferencia e os seus obxectivos. O resumo enviarase ao enderezo jba [at] iac.es (jba[at]iac[dot]es) con copia ao correo congreso.seac2017 [at] gmail.com (congreso[dot]seac2017[at]gmail[dot]com). Os traballos publicaranse na revista Mediterranean Archaeology and Archaeometry, publicación indexada en Web of Knowledge e Scopus.