Pasar al contenido principal

XIX Xornada para Xoves Investigadores en Neurociencia

19.07.2024 | 09.00h-17.00h

Santiago de Compostela

Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite
Facultade de Bioloxía. FOTO: Santi Alvite

O venres 19 de xullo terá lugar na Facultade de Bioloxía a XIX Xornada para Xoves Investigadores en Neurociencia, organizada polo Máster Universitario en Neurociencia. O estudantado deberá presentar os seus Traballos Fin de Mestrado (TFM) mediante comunicación oral. O resto de persoal investigador que desexe participar nas Xornadas poderá presentar os seus traballos de investigación en formato póster (panel).

A participación nestas Xornadas poderá ser recoñecida como actividade formativa para aquelas persoas matriculadas no Programa de Doutoramento Interuniversitario en Neurociencia e Psicoloxía Clínica, organizado conxuntamente polas Universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Ao remate das xornadas entregarase un certificado de asistencia a todas as persoas participantes.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 19.07.2024.