Pasar al contenido principal

Investigadoras da USC recollen nun libro experiencias educativas a través da animación sociocultural no cárcere de Monterroso

Presentación do libro sobre animación sociocultural no cárcere de Monterroso
Presentación do libro sobre animación sociocultural no cárcere de Monterroso

As investigadoras do Grupo de Investigación, Pedagoxía Social e Educación Ambiental (Sepa) da USC Carmen Morán de Castro, María Barba Núñez e Laura Cruz López recollen nun volume as experiencias educativas e novas metodoloxías desenvolvidas neste eido a partir da animación sociocultural no cárcere de Monterroso.

O libro, que leva por título ‘Animación sociocultural en prisión, Experiencia no penal de Monterroso’ é resultado do proxecto de animación sociocultural que comezaron a desenvolver en 2013 o grupo Sepa da USC, un equipo dirixido por José Antonio Caride, en colaboración coa organización social Aliad Ultreia e o propio penal monterrosino, unha iniciativa que aínda segue viva na actualidade.

Esta nova publicación, cuxos contidos e obxectivos centran este xoves un acto informativo na Casa do Saber de Lugo, parte dunha reflexión teórica sobre as posibilidades de educación nos cárceres, así como respecto dos condicionantes que a propia institución soporta. Esta análise inicial serve d sustento para que as autoras da obra propoñan e defendan a animación sociocultural como enfoque de traballo acaído para promover a transformación dos contextos e condicións de vida dos cárceres, a través da participación das persoas presas, así como de todas a persoas pertencentes á comunidade.

A segunda parte deste volume ofrece unha descrición da proposta metodolóxica desenvolvida no cárcere de Monterroso ao abeiro do proxecto no que colaboran a asociación Aliad Ultreia e Ultreia e o grupo de investigación Sepa da USC, ao tempo que ofrece ao lector experiencias realizadas e outros exemplos de accións de animación sociocultural tamén desenvolvidas con profesionais e persoas voluntarias.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.04.2017.