
As xornadas de traballo 'Monasteries and Landscapes in Early Medieval Europe' desenvólvense o xoves 27 e o venres 28 de xuño na Sala do Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia. A inauguración é o xoves ás 9.15 horas e as sesións desta primeira xornada rematan ás 18.00 horas. O venres as sesións comezan ás 9.15 horas e rematan ás 14.00 horas.
Na xornada do venres dedícanse tres relatorios ao mosteiro de San Xulián de Samos. O primeiro deles, sobre a súa creación, a cargo de Luis Ibáñez Beltrán, Marcos Fernández Ferreiro e José Carlos Sánchez Pardo; o segundo sobre a construción da paisaxe monástica do mosteiro, a cargo de Estefanía López Salas; e o terceiro, de Alejandro Pombo Rial, sobre a construción das paisaxes monásticas desde o mosteiro entre os séculos X e XI.
Así mesmo, Celtia Rodríguez González e José Carlos Sánchez Pardo falarán sobre os mosteiros altomedievais lucenses de San Vicente de Mondoñedo e San Martín de Rente.