Pasar al contenido principal

Presentación do XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea na Domus do Mitreo

A vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva Domínguez; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre Vázquez, e a deputada de Cultura, Deseño e Artesanía da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, presentarán este martes, día 4 de abril, ás 11.30 horas, na Domus do Mitreo, o XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea na Domus do Mitreo.

O director do Espazo de Danza da USC, Juan Carlos Zahera, tamén participará na presentación da nova edición dun consolidado certame artístico que se desenvolverá os días 19 e 20 de abril na caixa negra do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL). A presentación da programación do XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea inclúe a performance ‘Puzzle’, a cargo da compañía independente de danza da USC Son’s. O compositor Xavier Louriña acompañará en directo coa súa música a interpretación dos bailaríns Sara Domingo e Vicente Ávila.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.04.2017.