O documento recolle como a intelixencia artificial e outras tecnoloxías avanzadas están revolucionando este sector

O Salón de Actos do CiTIUS da USC acolle este venres a presentación do Informe de Tendencias Agroalimentarias 2024, un evento organizado pola Fundación INTEC e DiH DATAlife e enmarcado no Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal Interreg-POCTEP e no proxecto HIBA+.
O acto, cuxo obxectivo principal é destacar como a dixitalización e as novas tecnoloxías están revolucionando o sector agroalimentario, desenvolverase a partir das 11.00 horas e contará coa participación do vicerreitor de Transformación Dixital e Innovación da USC, Gumersindo Feijoo Costa. Ademais, intervirán a xerente de DiH DATAlife, Lucía Castro Díaz; director xeral do Cluster Agroalimentario de Galicia, Juanjo de la Cerda; o vicepresidente Executivo de INTEC, Juan Francisco Delgado Morales, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Antonio Basanta Fernández.
O Informe de Tendencias Agroalimentarias 2024 recolle xa como a intelixencia artificial e outras tecnoloxías avanzadas están revolucionando este sector crucial para a economía galega, aumentando a produción nun 20% e os beneficios nun 40%. O documento pon ademais de manifesto que Galicia se posiciona como líder na adopción de tecnoloxías avanzadas para impulsar a competitividade e sostibilidade do sector.
Ademais, ponse de relevo como o ecosistema de startups en Galicia está florecendo, con más de 100 startups agroali-mentarias, innovando en áreas como a agricultura de precisión, o uso de drons para o monitoreo de cultivos e a optimización do risco. Estas empresas emerxentes están introducindo tecnoloxías disruptivas que están incrementando a produción nun 20% e os beneficios nun 40%.