Pasar al contenido principal

Un alumno de ADE, premiado polo desenvolvemento dunha liga do xogo League of Legends

De esquerda a dereita Luís González e Luís Mosquera
De esquerda a dereita Luís González e Luís Mosquera

O estudante de Administración e Dirección de Empresas Luís González Toscano é un dos gañadores da quinta edición do Concurso de Ideas de Negocio (IDEAE) da Universidade Carlos III de Madrid. Esta é unha convocatoria dirixida a proxectos emprendedores para potenciar aquelas propostas nas que destaque a orixinalidade da idea e os proxectos innovadores de natureza social ou tecnolóxica en calquera sector.

A idea pola que foi premiado Luís González Toscano, e que desenvolve xunto co seu curmán Luís Mosquera Toscano, é unha liga de usuarios do xogo League of Legends dedicada a todo tipo de usuarios, especialmente aos que non poden permitirse participar na única existentes xa sexa por falta de recursos ou polo seu nivel de xogo. O pasado mes de setembro “démonos conta de que no panorama dos deportes electrónicos, e-Sports, unicamente existían algunha ligas profesionais dedicadas aos usuarios de League of Legends”, explica Luís González en referencia ás orixes da súa proposta.

En febreiro de 2017 os dous promotores puxeron en marcha a Liga Española de LOL, composta por usuarios de todos os niveis e formada por un total de 88 equipos, once divisións e máis de 600 xogadores que decidiron participar, “aínda que o total de interesados superaba os 800 participantes” , aclara Luis González. A iniciativa contou coa colaboración de “importantes entidades como Leverade, Awesome Streamers ou MultiGaming. Na actualidade, González Toscano atópase en Polonia cunha bolsa Erasmus.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.04.2017.