- Entidad
- IGAPE
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

50 Bolsas de internacionalización
Requisitos:
- Ter menos de 35 anos na data de presentación da solicitude.
- Ser nacido en Galicia e estar nacionalizado nun Estado membro da Unión Europea, ou estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia con un ano de antigüidade á data de publicación destas bases.
- Estar en posesión dalgunha titulación universitaria superior de grao e que permita o acceso aos estudos oficiais de Máster Universitario:
- Título universitario oficial de Graduada ou Graduado español;
- Títulos procedentes de sistemas educativos que non formen parte do EEES, que equivalan ao título de Grao. Así mesmo, é imprescindible acreditar un mínimo de 240 ECTS en todos os casos. A titulación pódese obter e acreditar ata 5 días despois da publicación da resolución de concesión, a non presentación suporá a imposibilidade de ser persoa beneficiaria da bolsa.
-
Coñecementos de inglés (falado e escrito): Deberá acreditarse o nivel mínimo de idioma inglés B1 (mediante a realización dun exame o con algún dos certificados relacionados na convocatoria).
Convocatoria de 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica.
A duración da bolsa establécese nun máximo de once meses contados desde xaneiro a decembro de 2025, prorrogables, se é o caso, por petición da persoa bolseira, por un máximo de 11 meses adicionais
O Igape realiza convenios con entidades e/ou organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial en destinos do ámbito de Galicia e no ámbito internacional. Os destinos poderán ser, polo tanto, en Galicia ou no estranxeiro, sempre en entidades que teñan unha compoñente esencial de traballo na internacionalización empresaria
Para a dotación (tanto para a dotación inicial como para a prórroga) terase en consideración os índices do custo de vida das distintas cidades de destino das bolsas, segundo criterios establecidos polo ICEX
O obxecto deste programa do Igape é a convocatoria de 50 prazas para a capacitación de xóvenes profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empregabilidade e poñer á disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.