Salón de Actos
A Facultade de Filoloxía abre con este acto a programación do seu 50 aniversario

A Facultade de Filoloxía conmemorará no ano 2025 os 50 anos da súa creación, un aniversario que celebrará ao longo do curso 2024-2025 con toda unha serie de actividades que porán en valor a historia e potencialidades deste centro compostelán.
Entre as actuacións que se planificaron está a creación dun logotipo de imaxe conmemorativo do aniversario, para o que se convocou un concurso que estivo aberto a propostas ata finais do pasado mes de xuño.
Como acto de inicio da conmemoración desta importante data, o martes 16, ás 13.00 horas no Salón de Actos da Facultade, terá lugar o acto de entrega de premios, no que se coñecerá por fin a imaxe que acompañará toda a programación do aniversario.