Pasar al contenido principal

Acto de recoñecemento a profesorado xubilado da Facultade de Matemáticas

19.07.2024 | 12.30h

Facultade de Matemáticas

Homenaxearase a Javier Barja Pérez, José Manuel Fernández Vilaboa, Josefina Ling Ling, Miguel Vilar Rivas e Carmen Rodríguez Iglesias.

Facultade de Matemáticas
Facultade de Matemáticas

A Facultade de Matemáticas homenaxeará cinco docentes do centro que acaban de xubilarse. Farao este venres 19 nun acto de recoñecemento a todo o labor desenvolvido ao longo da súa carreira profesional. Trátase de Javier Barja Pérez e José Manuel Fernández Vilaboa, de Álxebra;  Josefina Ling Ling, de Astronomía e Astrofísica; e Miguel Vilar Rivas e Carmen Rodríguez Iglesias, de Matemática Aplicada.

As dúas profesoras e tres profesores, xunto coas autoridades presentes e colegas e resto da comunidade universitaria, participarán nunha foto de familia ás 12.15 horas para logo dar comezo, ás 12.30, ao acto en si mesmo no que intervirán docentes do centro xa xubilados e xa recoñecidos en eventos anteriores así como profesorado e persoal investigador actual de Matemáticas da Universidade de Vigo e da USC.

Así, presidido pola decana Elena Vázquez Cendón, no acto presentará a Javier Barja Pérez o seu compañeiro Felipe Gago Couso, a José Manuel Fernández Vilaboa presentarao Manuel Ladra González. Alfredo Bermúdez de Castro López-Varela fará o propio con Carmen Rodríguez Iglesias, de igual xeito que Manuel Andrade Baliño con Josefina Ling Ling. Por último, Miguel Vilar Rivas será presentado por Juan Bosco Ferreiro Darriba.

O acto está organizado polo equipo decanal xuntos cos departamentos de Matemática Aplicada e Matemáticas aos que pertencen as persoas homenaxeadas. A cerimonia estará amenizado polo Grupo de Cámara da USC con Gonzalo López ao violín, Carmen Fuentes o clarinete e a violonchelista Eva Montoto.
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.07.2024.