Salón de Actos
A sesión estará presidida polo vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga López

O vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga López, presidirá o sábado 27, a partir das 17.00 horas, no Salón de Actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo, o acto de graduación da primeira promoción do grao en Robótica da USC. Tamén intervirán no acto, Rosa Romero, directora do centro; Olga López Racamonde, concelleira de Benestar Social e Maiores; Pablo Rivera Capón, deputado provincial da Área de Promoción Económica e Social; e Fernando Rafael Pardo Seco, padriño da promoción que finaliza os seus estudos. En representación do estudantado, participarán na sesión Víctor Dosantos, Jaime Borja López e Brais Martínez.