Pasar al contenido principal

Exposición 'O legado Ángel'. Arte e oficio en Compostela

17.06.2024-25.09.2024

Santiago de Compostela
Salón Artesonado

Entrada á exposición
Entrada á exposición

O Salón Artesonado do Colexio de Fonseca acolle ata o 30 de setembro a exposición 'O legado Ángel. Arte e oficio en Compostela'. A Colección Ángel agrupa unha extensa variedade de materiais arqueolóxicos, decorativos, artísticos e funcionais de diferentes épocas, os máis deles, vencellados á cidade de Santiago de Compostela. Trátase dun extenso catálogo de obxectos habituais no enxoval de moitos composteláns que inclúe xoiaría, ourivaría, artes decorativo-suntuarias, escultura, bibliofilia, etc.

O horario de visitas é de luns a domingo de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.09.2024.