- Entidad
- Centro Superior de Hostalaría de Galicia
- Fecha de inicio de la solicitud
- Fecha de fin de la solicitud

Axencia Galega de Turismo
Requisitos:
-Ter nacionalidade española, ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
-Estar en posesión dunha titulación de doutor/a, superior universitaria de licenciatura ou grao.
-Coñecemento lingüístico: acreditarase o coñecemento do idioma galego presentando o título do Celga 4.
Requisitos específicos:
-
Denominación do posto: profesor/a de enoloxía.
Titulacións: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Enoloxía, Bioloxía ou Enxeñeira Agrónoma.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de hixiene, dietética e nutrición.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Nutrición Humana e Dietética, en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, en Farmacia ou en Bioloxía.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de inglés.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Inglesa, ou en Lingua e Literatura Inglesas, ou en Linguas Estranxeiras con inglés como primeira lingua, ou en Tradución e Interpretación con inglés como primeira lingua.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de francés.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Francesa, ou en Linguas Estranxeiras con francés como primeira lingua, ou en Linguas e Literaturas Modernas (itinerario francés) ou en Tradución e Interpretación con francés como primeira lingua.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de alemán.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Filoloxía Alemá, ou en Linguas Estranxeiras con alemán como primeira lingua, ou en Linguas e Literaturas Modernas (itinerario alemán) ou en Tradución e Interpretación con alemán como primeira lingua.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de contabilidade e finanzas.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía ou ADE.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de economía.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Economía.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de dirección estratéxica e control interno.
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Economía ou ADE.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de lexislación e fiscalidade empresarial.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Dereito.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de xestión de recursos humanos.
Titulación: doutor/a e licenciado/a ou graduado/a en Dereito, ADE, Psicoloxía, Relacións Laborais ou Socioloxía.
Non se require experiencia profesional mínima.
-
Denominación do posto: profesor/a de tecnoloxía da información e das comunicacións (TIC).
Titulación: licenciado/a ou graduado/a en Enxeñaría informática ou Enxeñaría en Tecnoloxía da información.
Non se require experiencia profesional mínima.